• O espido de Gina
O espido de Gina
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

O espido de Gina

Fernández, Miguel Anxo

Editorial: Editorial Galaxia

Colección: Literaria ; 325

Número de páginas: 196 págs.  21.0 x 13.5 cm  

Fecha de edición: 28-05-2014

EAN: 9788498655353

ISBN: 978-84-9865-535-3

Precio (sin IVA): 18,65 €

Precio (IVA incluído): 19,40 €

Na súa nova novela, Miguel Anxo Fernández reivindica o dereito á lembranza cun sorriso nos beizos, porque tamén somos as películas que vivimos, as que nos deixaron pegada e ás que regresamos de cando en vez.
Recordos de infancia, de mocidade e de madureza, nutridos na inmensidade da sala escura mentres a pantalla nos amosaba secuencias inesquecibles, personaxes memorables, tramas asombrosas... Mudaron os vellos cines, de olores singulares, de carteleiras coloreadas, de programa dobre e sesión continua, de cine dominical e festivo. Pero non mudou a capacidade do cine de provocar emocións.
En O espido de Gina, Miguel Anxo Fernández, escritor e cinéfilo, sérvenos un cóctel peculiar no que, usando dunha voz en off coma a de Fernando Rey en Bienvenido Mr. Marshall, un xornalista da ben identificable vila galega de Valdesantos, relata unha crónica na que se pode rastrexar o misterioso motorista de Amarcord, a mala relación entre o proxeccionista Alfredo e o crego Adelfio en Cinema Paradiso e o proxeccionista Luigi e o exhibidor Jordan en Splendor.
Atilano, don Nemesio, Manfredo, Valboa, Lambón, Mariví e o peculiar taberneiro Dousreás, forman o universo de Valdesantos, que ve alterada a súa paz de vila galega da década de 1960 cando os do cine Central anuncian a proxección da película Espida fronte ao mundo, protagonizada por Gina Lollobrigida. Ademais, a novela achega un retrato sociolóxico dunha época onde unha boa maneira de fuxir da intolerancia, do conformismo, da rutina e dos "25 anos de Paz" da propaganda oficial, eran as películas do Central e a televisión en branco e negro do café Moderno.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)