Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 428
Número de páginas: 448 págs. 22.0 x 15.0 cm
Fecha de edición: 07-06-2018
EAN: 9788491213925
ISBN: 978-84-9121-392-5
Precio (sin IVA): 22,60 €
Precio (IVA incluído): 23,50 €
Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza.
Unha mestra recibe o seu primeiro destino nunha distante aldea da Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pintor de océanos asume un incómodo encargo. Sen sabelo, os tres van ficar unidos polo desengano, a esperanza e a valentía, nun remuíño que une os seus pasados cos dramáticos acontecementos de Europa.
Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción. Unha novela sobre esquecidos heroes anónimos que non saben que son tal. Cando dúas guerras se xuntan, o futuro do mundo está en xogo.