Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Ensaio ; 111
Número de páginas: 192 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 25-10-2021
EAN: 9788491517504
ISBN: 978-84-9151-750-4
Precio (sin IVA): 22,64 €
Precio (IVA incluído): 23,55 €
Publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar “polos camiños da metáfora e das semifusas”, conscientes de que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía” (Lino Braxe).
Neste douto e orixinal ensaio, que agora Editorial Galaxia reedita, lévase a cabo unha relectura da historia da poesía galega procurando nesta a presenza substantiva da música, dende a Idade Media ata as Irmandades da Fala e a época Nós, e que converte a obra nun exercicio fundamental para mellor comprender tanto a poesía galega de todo tempo como a propia escritura de Luísa Villalta.