Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 394
Número de páginas: 416 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 03-07-2019
EAN: 9788491513568
ISBN: 978-84-9151-356-8
Precio (sin IVA): 24,42 €
Precio (IVA incluído): 25,40 €
Nélida, unha galega emigrada a Barcelona, retorna á súa aldea polo funeral da súa avoa. Alí reencóntrase con Elías, un antigo amor que se truncou cando el emigrou a México. Agora ela está casada e con fillos, polo que aparentemente todo é auga pasada. Mais o encontro con Elías fará revivir un tema que crían agachado: a misteriosa morte hai moitos anos de Gonzalo, un tío de Nélida en México, nun accidente de coche.
Sobre estes vimbios, Pura Salceda constrúe unha novela de intriga en que o amor e o erotismo, así como uns personaxes arrastrados polo destino, van comprender que nada é tan sinxelo como, de primeiras, parece.