• O rumor do distante
O rumor do distante
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

O rumor do distante

a escrita da terra

Sánchez Iglesias, Cesáreo

Editorial: Laiovento

Colección: VentoaLto ; 18

Número de páginas: 218 págs.  21.0 x 14.0 cm  

Fecha de edición: 16-12-2024

EAN: 9788484877059

ISBN: 978-84-8487-705-9

Precio (sin IVA): 19,18 €

Precio (IVA incluído): 19,95 €

As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa.
Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria.
Este longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escrito paralelamente aos traballos do autor na protección do patrimonio cultural galego. Coa delimitación das súas trazas, o poeta inicia a súa escrita, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza, nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que significan é son o noso ADN, e que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía.
Ao ollar cara atrás vemos os camiños submersos na banalización do seu significado cultural. Hoxe, ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silente extenuación que destrúe o noso patrimonio cultural.
Se permitimos a deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade.
Este proceso invisible de aculturación, alén do espolio económico, fainos parte dun proceso de destrución do patrimonio natural, con minas que arrincan a dourada entraña, envelenando as augas até nos converter nunha estéril terra morta.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)