Editorial: Edicións Xerais
Colección: Poesía ; 58
Número de páginas: 72 págs. 22.5 x 15.0 cm
Fecha de edición: 15-11-2018
EAN: 9788491214571
ISBN: 978-84-9121-457-1
Precio (sin IVA): 13,94 €
Precio (IVA incluído): 14,50 €
Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade.O xiro é o primeiro poemario dunha autora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra.ANTÍA OTERO