Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 408
Número de páginas: 104 págs. 22.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 01-03-2017
EAN: 9788491211792
ISBN: 978-84-9121-179-2
Precio (sin IVA): 14,04 €
Precio (IVA incluído): 14,60 €
O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido."Once portas" é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais