Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Ensaio ; 93
Número de páginas: 176 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 12-06-2019
EAN: 9788491513407
ISBN: 978-84-9151-340-7
Precio (sin IVA): 18,94 €
Precio (IVA incluído): 19,70 €
Entre 1925 e 1934, o grupo de excursionistas chamado Sociedade Amigos do Campo filmou unhas cen películas nas que amosaban o seu interese pola paisaxe. Películas de viaxes e excursións que, en vez de acontecementos excepcionais, recollen momentos intranscendentes. O ensaio de Fernando Redondo Neira parte dese rexistro fílmico, sen montaxe nin outros aditamentos, no que o azar se converte en traballo a prol dunha disgnificación. A reflexión sobre a imaxe en movemento trasládase dese xeito ao que se podería considerar unha teoría da percepción. O cinema como unha segunda oportunidade da memoria, unha segunda percepción do vivido. A imaxe dos protagonistas fórmase ao tempo na lembranza e no celuloide. A película é memoria feita cousas que se ergue ao mesmo nivel da vivencia. Para os membros da Sociedade Amigos do Campo, o gravado pola cámara Packard 9,5 mm de Alfonso Piñón supoñía a posibilidade de enfrontar lembranza e representación, pasado e presente, sensacións e significado