Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 412
Número de páginas: 504 págs. 22.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 15-06-2017
EAN: 9788491212317
ISBN: 978-84-9121-231-7
Precio (sin IVA): 20,19 €
Precio (IVA incluído): 21,00 €
Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas
incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos.
Regresan os personaxes de Os fillos do mar, a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación