Editorial: Laiovento
Colección: Ensaio ; 404
Número de páginas: 208 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 02-09-2021
EAN: 9788484875413
ISBN: 978-84-8487-541-3
Precio (sin IVA): 19,18 €
Precio (IVA incluído): 19,95 €
En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro. O obxectivo principal desta entidade era edificar escolas e mellorar a instrución nos concellos de Alfoz e O Valadouro. Entre 1921 e 1933 esta sociedade inaugurou catro edificios escolares, axudando tamén economicamente á construción doutras escolas e á dotación das mesmas. Non obstante, ademais do obxectivo escolar, outras foron as angueiras de El Valle de Oro: a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións.
Este libro pretende seguir as pistas deste labor a través das pegadas que deixou na prensa. Nas primeiras décadas do século XX a emigración formaba parte da paisaxe cotiá de Galiza. Porén, agás excepcións, a imaxe que chegou a nós da emigración é basicamente negativa. Neste traballo arredámonos desta percepción, para considerarmos a emigración galega –a través do caso do Valadouro– como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para Galiza, axudando á súa modernización e mesmo á súa construción nacional.