Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 512
Número de páginas: 140 págs. 23.0 x 15.0 cm
Fecha de edición: 29-10-2024
EAN: 9788411763486
ISBN: 978-84-1176-348-6
Precio (sin IVA): 15,48 €
Precio (IVA incluído): 16,10 €
Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba. E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia propietaria da pirotecnia, nos veciños da vila, na opinión pública e na clase política. Narrada co pulso da mellor novela negra e da crónica xornalística, Alberto Ramos constrúe unha arañeira de mentiras, enganos e traizóns onde o lector quedará atrapado ata o remate, mentres tenta recompoñer, entre o cheiro acre da pólvora e da morte, o verdadeiro crebacabezas do que aconteceu.