Editorial: Edicións Xerais
Colección: Universitaria . Lingua e literatura
Número de páginas: 200 págs. 23.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 07-09-2023
EAN: 9788411103770
ISBN: 978-84-1110-377-0
Precio (sin IVA): 16,83 €
Precio (IVA incluído): 17,50 €
O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?...O sociolingüista Fernando Ramallo aborda con sinxeleza e claridade todos os temas fundamentais para comprender o papel e a situación da lingua galega neste século XXI, sen esquecer cuestións tan fundamentais como a relación entre a lingua e a familia, a intelixencia artificial, a economía, a política, a lusofonía e os desafíos do futuro."Que pasa co galego?" propón unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.