• Quen matou o Cantino?
Quen matou o Cantino?

Quen matou o Cantino?

o 36 no Concello de Noia

Agrafoxo Pérez, Xerardo

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Crónica . Memoria

Número de páginas: 157 págs.  22.0 cm  

Fecha de edición: 09-09-2013

EAN: 9788499145013

ISBN: 978-84-9914-501-3

Precio (sin IVA): 17,79 €

Precio (IVA incluído): 18,50 €

Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende achegarse aos motivos reais que levaron ao asasinato deste mozo. En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración. Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)