Editorial: Edicións Xerais
Editorial: Xunta de Galicia
Colección: Biblioteca dramática galega ; 21
Número de páginas: 104 págs. 21.5 x 12.5 cm
Fecha de edición: 18-06-2015
EAN: 9788499148724
ISBN: 978-84-9914-872-4
EAN: 9788445351895
ISBN: 978-84-453-5189-5
Precio (sin IVA): 12,50 €
Precio (IVA incluído): 13,00 €
Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual. Cunha sólida reflexión arredor de temas como a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia, Raclette preséntanos cinco personaxe sentados nunha mesa que compoñen un complexo mosaico humano. A partir de aí, o autor constrúe un texto caracterizado por unha inquedante estrutura dramática, dentro da que a información chega ao lector-espectador dun xeito rigorosamente dosificado, nunha liña de acción que avanza con sutil equilibrio entre a ironía e o humor corrosivo, espindo as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes