Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 324
Número de páginas: 188 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 12-05-2014
EAN: 9788498655315
ISBN: 978-84-9865-531-5
Precio (sin IVA): 18,65 €
Precio (IVA incluído): 19,40 €
Cómpre ler e andar por el a modo, como se paseásemos por un xardín sen présa, parándonos a cada paso un pouco aquí, a rente dun arona, un pouco máis alá diante doutro perfume, e así. Dicía un vello crítico literario, Sainte-Vecuve, que un libro tiña que ter color e flor. Este parece deses. O autor, Xosé Manuel G. Trigo, demórase na delicada montaxe das pezas estruturais e entretense no cuidado do estilo, pero no fondo trátase dunha historia sinxela: a dun home que ten boa memoria, un algo de humor e bastante imaxinación. E tamén a historia dos xardíns de María Antonieta, e do París de Carolina Otero nos anos tolos de inicios do século XX, mais co pano de fondo da Galicia actual, retratada por un narrador que amece no seu caletre o vivido, o lembrado e o lido, sen distinguir, como os bos contistas, a realidade da fantasía. Nada doutro mundo, Só literatura.