• Retratos en fite
Retratos en fite
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Retratos en fite

Beiras, Xosé Manuel

Editorial: Laiovento

Colección: Narrativa ; 417

Número de páginas: 248 págs.  21.0 x 14.0 cm  

Fecha de edición: 04-07-2022

EAN: 9788484875901

ISBN: 978-84-8487-590-1

Precio (sin IVA): 17,26 €

Precio (IVA incluído): 17,95 €

Foi á volta do pasado verán que me veu un día ás mentes a idea dun libriño cun feixe de textos meus, nos que facía a miña moi persoal evocación de persoas coas que eu tivera trato de amizade ou camaradaxe, ou relación dalgún xeito discipular, no decurso da miña vida. Foran escritos ao longo dos anos, dende hai ben decenios, con ocasión dalgún evento que as atinxía ou solicitados para algunha publicación dedicada a calquera delas. Na miña confusa memoria, eu coidaba que non pasarían de ducia e media ou así, de xeito que darían para un libriño pequecho, unha sorte de recordatorio sentimental colectivo. O caso é que os meus compañeiros de Laiovento -os entrañábeis e decote solidários Suso Couceiro, Afonso Ribas e Pepe Carreiro- acolleron a miña suxerencia coa xenerosidade e o entusiasmo que os identifica -fonte nutricia da abnegada enerxía altruísta coa que gobernan en ousada singladura a nosa inxel lanchiña, tan mariñeira ela, nestes adversos tempos de involución histórica. Mais posto a apañar os textos arquivados no meu ordenador, ou no da miña infalíbel Isabel antes de eu dispor de semellante chirimbolo, resultou seren perto de medio cento, e alarmoume coidar que a dimensión do libro que darían resultaría disuasoria para o público leitor, e ruinosa para a nosa pequena editorial. Deixei o proxecto hibernado durante meses, até que os meus compañeiros me convenceron de editar a presada completa deses textos, e daquela veleiquí vos van, expostos ao 'vintimperio'. Pepe Carreiro fíxome o galano de embelecer a edición con algúns dos seus certeiros e inconfundíbeis debuxos, e así rotulei o volume como Retratos en fite, nunha chiscadela en contrapunto, e conmovida lembranza, aos deliciosos Retratos de esguello do ademirado, benquerido e endexamáis esquencido Luís Seoane -ousadía pola que espero me perdoe no alén.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)