• Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Rosalía de Castro

imaxe e realidade

Pereira Bueno, Fernando

Editorial: Edicións Xerais

Número de páginas: 208 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 17-01-2014

EAN: 9788499145655

ISBN: 978-84-9914-565-5

Precio (sin IVA): 21,15 €

Precio (IVA incluído): 22,00 €

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo; Rosalía en cor ou en branco e negro; Rosalía como retrato realista ou caricatura; Rosalía como musa ou como símbolo…), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos. Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos. Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)