Editorial: Tórculo Edicións (Andavira)
Número de páginas: 206 págs. 24.0 x 17.0 cm
Fecha de edición: 04-11-2024
EAN: 9788412940244
ISBN: 978-84-129402-4-4
Precio (sin IVA): 19,23 €
Precio (IVA incluído): 20,00 €
Este libro sobre a parroquia de Saavedra vai decorrendo polos variados aspectos que configuran esta comunidade veciñal asentada nun territorio do Concello de Begonte. Historia e intrahistoria, cultura, economía, vida social etc, configuran os sinais de identidade desta comunidade parroquial. A intención do autor é resaltar os valores da cultura rural e enriquecer a autoestima dos que naceron, se criaron e viven mergullados neste ambiente rural onde cada quén é coñecido polo seu nome, polo nome da casa ou da familia, onde a paisaxe goza dun matiz afectivo que suscita lembranzas, vivencias ocorridas no pasado. Ninguén tan mergullado no proceso natural de nacer, medrar e madurar co resto dos seres da Natureza en mutua interdependencia. O libro aproveita a ocasión para falar do que significa a parroquia rural galega, os seus valores e recursos de que dispón como entidade natural así como a repercusión e influencia das variacións político-administrativas e a vida relixiosa arredor do campanario: igrexa, cruceiro, adro e cemiterio son os elementos da vida sociorelixiosa da parroquia.