Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Ensaio ; 140
Número de páginas: 218 págs. 23.0 x 15.0 cm
Fecha de edición: 05-06-2025
EAN: 9788411763929
ISBN: 978-84-1176-392-9
Precio (sin IVA): 22,69 €
Precio (IVA incluído): 23,60 €
A estendida idea de que a intelixencia artificial e a máquina van conquistar o mundo, lévanos aos seres humanos a unha posición de derrota. O medo fainos pensar que temos que funcionar como máquinas, desenvolver capacidades maquinais. Por que non adoptar unha postura máis activa e valente: a de ser máis humanos? O obxectivo deste ensaio é abrir o debate, invitar ao diálogo e á reflexión persoal. Que significa ser humano? Non sería preferible seguir sendo seres humanos, afondar na nosa natureza e levala a un nivel superior, en lugar de desafiala e empobrecela? Temos habilidades moi valiosas e intrinsecamente humanas que non deben quedar obsoletas e que son, por tanto, as mellores aprendizaxes para responder á incerteza, ao cambio constante da nosa contorna e á complexidade dun mundo
globalizado e interconectado. Hai algo onde a tecnoloxía non nos superará: na nosa humanidade