Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 492
Número de páginas: 252 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 09-10-2023
EAN: 9788411761550
ISBN: 978-84-1176-155-0
Precio (sin IVA): 19,71 €
Precio (IVA incluído): 20,50 €
Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida? Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e deixar as súas pertenzas no despacho que ía compartir con Bruno Agueiro, este aparece morto. A cidade érguese conmocionada coa nova do asasinato do catedrático e Verónica non tarde en se converter na principal sospeitosa. Sen dúbida tiña motivos para acabar coa súa existencia, pero non era a única.
Tecendo redes é unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor do silencio e na culpa. Unha lectura trepidante que te deixará sen alento.