Editorial: Edicións Xerais
Colección: Poesía ; 41
Número de páginas: 120 págs. 22.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 12-11-2015
EAN: 9788499149349
ISBN: 978-84-9914-934-9
Precio (sin IVA): 12,98 €
Precio (IVA incluído): 13,50 €
É posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? Esa é a pregunta invisible que percorre este libro. O entroido da revolta daquela toma corpo. Un océano de risas contra a reixa de ferro. É posible acadar unha revolta de risos? Chegar ata o Gran Riso? Onde está o cronotopo da revolta? Instantes poéticos a escintilar, breves configuracións de palabras ingrávidas, secuencia de relampos sensoriais, baile tipográfico, escrita inzada de imaxes e condensacións a xeito de ideogramas poéticos sobre a páxina en branco. Existe un ADN da ironía? Esa é a tese deste libro. A poesía como creación dun sentido outro, subversión e loita sensorial. Unha multitude derrubando o poder cun entroido de risos