Editorial: Chan da Pólvora
Colección: Chan da Pólvora ; 20
Número de páginas: 85 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 01-06-2024
EAN: 9788412874112
ISBN: 978-84-128741-1-2
Precio (sin IVA): 18,27 €
Precio (IVA incluído): 19,00 €
Todos os lonxes funciona como unha caste de diario dalguén con 21 anos que marcha ao estranxeiro. A partir dese arrinque, o autor –un artista que transita polos ámbitos da instalación, a museística ou o hip-hop– actualiza o concepto da emigración galega na economía global do século XXI e ofrécenos unha obra escintilante como o fulgor do xeo sobre o que camiña en Suecia. Xague comeza a escribir os poemas cando sabe que marchará a Suecia e coa sensación de que permanecerá alí varios anos. Mentres fala de marchar pero tamén de querer adaptarse, o libro vaise adentrando nos terreo do descoñecido e nós, as lectoras e os lectores, asistimos ao seu devir para entender –e integrar nunha biografía– a nova realidade que o acolle. As súas tentativas, os rodeos e as estratexias tecen unha riquísima superficie de reflexións e estímulos emocionais que converten a lectura de Todos os lonxes nun dos debuts máis brillantes da poesía galega última.