Editorial: Ézaro
Número de páginas: 96 págs. 24.0 x 17.0 cm
Fecha de edición: 17-07-2017
EAN: 9788494673122
ISBN: 978-84-946731-2-2
Precio (sin IVA): 11,54 €
Precio (IVA incluído): 12,00 €
O corcubionés emprende a súa viaxe cun erudito do British Museum. Parten desde Dublín e percorren Irlanda ata chegar á aldea de Dunquin. Pouco a pouco, Castro vai introducíndose na convivencia cos illeiros do arquipélago, unha comunidade que fala esencialmente gaélico, rexida por un “rei”, que ostenta o poder local, e na que tamén hai un “poeta”, o home máis importante da illa. As crónicas están cheas de lirismo e anécdotas nas que pretende reflectir as semellanzas e diferenzas entre Galicia e Irlanda. Unhas pezas de gran trascendencia poética, filosófica, antropolóxica, paisaxística e cultural, relatadas polos ollos dun Plácido que xa mostraba unha gran sagacidade observadora e unha curiosidade comprometida con apenas 26 anos