• Un pintor que sabía o que facía
Un pintor que sabía o que facía
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Un pintor que sabía o que facía

achegas á obra pictórica de Luís Seoane

Bernárdez, Carlos L.

Editorial: Laiovento

Colección: Ensaio ; 325

Número de páginas: 99 págs.  21.0 x 14.0 cm  

Fecha de edición: 30-11-2015

EAN: 9788484873051

ISBN: 978-84-8487-305-1

Precio (sin IVA): 13,08 €

Precio (IVA incluído): 13,60 €

Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979). Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como o estilo creado e desenvolvido por Seoane durante máis de catro décadas é froito dun traballo intenso e rigoroso, que parte da tradición da modernidade internacional para a partir desta construír os alicerces dunha pintura profundamente galega, e que se sitúa fortemente inserida nos valores da tradición occidental, á que se achega con intenso rigor.
En contraposición co costumismo dominante en moitos pintores galegos, Seoane, partindo de temas semellantes, depura a linguaxe até converter os mesmos temas nun universo propio, que, sendo intensamente persoal, consegue que nos impliquemos neles, que os sintamos como algo que nos singulariza de xeito intenso, ao tempo intelectual e afectivo.
Faise fincapé en que estamos perante unha obra que é froito dunha elaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematización das figuras, favorecida polo uso dunha pintura plana e o contraste de cores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade.
Os logros deste labor, ben evidentes para quen se achegue á pintura, o gravado e o deseño de Luís Seoane, supoñen un dos capítulos máis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor da correntes internacionais. A súa maneira de concibir a arte nace, xa que logo, de frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)