Queixas Zas, Mercedes
(ed.)
Pena, Montserrat
(ed.)
Editorial: Laiovento
Colección: Ensaio ; 445
Número de páginas: 146 págs. 24.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 14-04-2024
EAN: 9788484876816
ISBN: 978-84-8487-681-6
Precio (sin IVA): 16,30 €
Precio (IVA incluído): 16,95 €
Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luísa Villalta. Todas buscan provocar un ruído: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaísta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas páxinas abalan entre a lembranza, o estudo rigoroso, a contextualización da súa produción, a reivindicación dos seus compromisos, o agarimo das amigas, a posta en valor do seu culturalismo e a visibilización do pouso que deixou en diferentes ámbitos. Nelas, a lectora e o lector atento poderán descubrir por si mesmos as arestas dunha autora que non renunciou a ningún xénero literario nin a comprometerse coa sociedade que lle tocou vivir. Marta Dacosta, Francisco Fernández Naval, Alexandrina Fernández Otero, Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, Rosalía Fernández Rial, Maribel Longueira, Antía Otero, Roberto Pascual, Montse Pena Presas, Ana Pillado, Susana Sanches Arins e Cesáreo Sánchez Iglesias achégannos a unha das poucas creadoras galegas que, á vez que se introduciu no ámbito da ficción, reflexionou sobre ela. Escoitemos, porque todos os ruídos resultan ser provocadores.