Reimóndez, María
Luna Alonso, Ana
Álvarez Lugrís, Alberto
Editorial: Edicións Xerais
Colección: Universitaria ; 159
Número de páginas: 176 págs. 23.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 14-10-2021
EAN: 9788491219903
ISBN: 978-84-9121-990-3
Precio (sin IVA): 18,75 €
Precio (IVA incluído): 19,50 €
Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a outras, senón porque do seu traballo tradutor tamén se desprende unha ampla polifonía.Neste sentido, a súa obra dá testemuño do longo camiño que percorremos colectivamente no pensamento e na práctica da tradución en Galicia. Estudar a obra de Arias de xeito atento, diverso en enfoques e como un opus completo é importante para coñecela a ela, mais tamén para entender esa evolución, sen asumir saltos nin beatificacións.Xerais, en colaboración co equipo da revista Viceversa, non podía deixar de prestar atención a unha faceta tan relevante da figura de Xela Arias.