Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 516
Número de páginas: 144 págs. 23.0 x 15.0 cm
Fecha de edición: 30-04-2025
EAN: 9788411763967
ISBN: 978-84-1176-396-7
Precio (sin IVA): 15,38 €
Precio (IVA incluído): 16,00 €
Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e de barcos. Fala tamén do papel da escritura para apresar fragmentos da vida e observalos ao trasluz. Xosé Cermeño faino con humor e cun xeito moi
persoal de sospeitar que case nada pasou como nolo contaron. O xénero das prosas breves tivo grandes cultivadores ao longo da historia, e está sempre disposto a renovarse, alimentado pola curiosidade e a intuición dos escritores máis inquietos. O máis pequeno pode ser literariamente moi grande e profundo. Ademais, como demostra este libro, tamén pode ser divertido.