Editorial: Consello da Cultura Galega
Colección: Clásicos da emigración
Número de páginas: 262 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 01-12-2023
EAN: 9788417802585
ISBN: 978-84-17802-58-5
Precio (sin IVA): 14,42 €
Precio (IVA incluído): 15,00 €
Verdades como puños y consideraciones: mis servicios al distrito de Vivero (1935), obra do indiano Justo Taladrid Catá con prólogo do xornalista local Salvador Pérez-Labarta Pillado, constitúe un libelo polémico no que o seu autor intentou xustificar a súa propia conduta, que moitos sectores sociais e institucionais xulgaron e denunciaron con fundadas razóns como obstrucionista no proceso de consecución dun novo grupo escolar para a vila do Landrove, nos anos vinte e trinta do pasado século.
No fragor dese debate público resultaría danado o propio vínculo de Taladrid coa entidade que promovera e representara durante varios lustros e que lle dera boa parte da súa reputación filantrópica, a sociedade de instrución Vivero y su Comarca. Os estreitos lazos políticos do indiano co cacique Soto Reguera e coa ditadura do xeneral Primo de Rivera, así como o seu reaccionarismo ideolóxico, tiveron moito que ver con esa actitude súa de poñer toda clase de obstáculos e reparos a un proxecto que foi acariñado por sucesivos alcaldes de Viveiro (José Santiago Seijo, Eugenio Pérez Abadín, Ramón Villar Ponte...) e pola Asociación de Mestres Nacionais, liderada nesa época no distrito por figuras como Ángel Fraga Orosa e José María Pereda Álvarez. Ambos os docentes escribirían por iso unha réplica ao libelo de Taladrid co título de Pulverizando insidias o verdades como montañas (1936).