• Xeomorfoloxía e paisaxes xeográficas
Xeomorfoloxía e paisaxes xeográficas
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Xeomorfoloxía e paisaxes xeográficas

catro décadas de investigación e ensino : homenaxe a Augusto Pérez Alberti

Castillo Rodríguez, Francisco (ed.)
Costa Casais, Manuela (ed.)
Horacio García, Jesús (ed.)

Editorial: Universidade de Santiago de Compostela

Colección: Homenaxes

Número de páginas: 570 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 02-10-2018

EAN: 9788416954964

ISBN: 978-84-16954-96-4

Precio (sin IVA): 28,85 €

Precio (IVA incluído): 30,00 €

Viaxeiro infatigable, profundo admirador e analista da paisaxe, minucioso investigador, docente recoñecido e entusiasta, a polifacética obra de Augusto Pérez Alberti —científica, divulgativa, didáctica, académica, colaborativa…— esténdese ao longo de corenta anos, nos que o seu nome foi acuñándose como imprescindible referencia da moderna xeomorfoloxía e a análise da paisaxe xeográfica, ao punto de ter sido un dos factores máis relevantes no estímulo e configuración da nova titulación de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo da xubilación do mestre, máis de cincuenta colegas, colaboradores, discípulos e amigos, pertencentes a unha vintena de universidades e outros organismos, concítanse nas páxinas deste volume ofrecido na súa homenaxe e consagrado ás principais disciplinas e liñas de investigación polas que, ao longo de tan dilatada e vizosa carreira, o profesor Pérez Alberti vén transitando: xeomorfoloxía, con atención especial á xeomorfoloxía costeira, glaciar e periglaciar; hidroloxía; estudo da paisaxe e ordenación territorial; paleoambiente; aspectos didácticos das materias xeográficas… No seu conxunto, alén do alto valor científico e interese para investigadores nos eidos devanditos, este volume é, ao cabo, unha mostra colectiva de gratitude e recoñecemento a un labor de catro décadas de investigación e ensino.

 

Características

Idioma:
Español
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)