Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Memoria ; 52
Número de páginas: 184 págs.
Fecha de edición: 02-10-2024
EAN: 9788411763363
ISBN: 978-84-1176-336-3
Precio (sin IVA): 21,35 €
Precio (IVA incluído): 22,20 €
En Xogar coa pólvora, Narciso de Gabriel arma o libro arredor de tres homes ilustrados: Feijoo, Sarmiento e Vicente do Seixo; tres mulleres ilustres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; dous eventos: os debates que sobre a educación feminina tiveron lugar no Ateneo da Coruña en 1859 e no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano celebrado en Madrid en 1892, e dous procesos históricos: o acceso das mulleres á escola e ao profesorado. A tese central condénsase no subtítulo: a necesidade de educar as mulleres xustificouse historicamente atendendo á súa función de nais educadoras. Unha educación que, así e todo, non estaba exenta de riscos, sobre os que algúns alertaban:
a ilustración das mulleres podía desvialas do camiño que a sabia natureza lles marcaba. Non conviña xogar coa pólvora.