Os anos do silencio

Os anos do silencio

represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)

Álvarez Castro, Xose

Con "Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)", Xosé Álvarez Castro completa a investigación de "Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)", publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950. O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado "primeiro franquismo". A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas. Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.

Autor
Álvarez Castro, Xose
Materia
Historia > Historia de España
EAN
9788411100335
ISBN
978-84-1110-033-5
Edición
1
Editorial
Edicións Xerais
Páginas
504 
Alto
21.5 cm
Ancho
14.5 cm
Fecha publicación
10-03-2022
Idioma
Gallego 
Colección
Crónica Memoria
Nº en la colección
171. 
Edición en rústica
24,52 € Añadir al carrito
Entrega: menos de 8 días

Álvarez Castro, Xose (aut.)