Ana Romaní (Noia, 1962) é unha das voces fundamentais da poesía galega das útimas décadas, con libros como Arden (1998), Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música (2005) ou Estremas ( 2010). Tamén é unha figura fundamental do periodismo cultural des que en 1990 comezou a dirixir o Diario Cultural, programa de referencia no medio radiofónico que lle valeu un recoñecemento unánime, como o Premio Nacional de Periodismo Cultural do ano 2018. Activista, pensadora do feminismo, artífice de proxectos híbridos de expresión como o Laboratorio de indagacións Poéticas (LIPo).
