Avelina Valladares Núñez (Vilancosta, Berres, A Estrada, 1825-1902) criouse no seo dunha familia fidalga de ampla cultura. Profundamente relixiosa, participou na Xunta Parroquial de Beneficencia de Berres, polo que recibiu a Cruz de Beneficencia en 1894, e publicou traballos para mellorar os cultivos agrarios. Considerada unha das primeiras mulleres na literatura galega en escribir artigos de opinión en prensa, o que máis cultivou foi a poesía, da que se conservan algo máis de medio cento de composicións, seis delas en galego, o que a sitúa, xunto co seu irmán Marcial, entre as figuras do Rexurdimento.
