• xxxAs poetas da colección Salnés
As poetas da colección Salnés
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

As poetas da colección Salnés

Torres, Xohana (...)

Editorial: Editorial Galaxia

Colección: Biblioteca 75 anos

Número de páginas: 118 págs.  22.0 x 14.9 cm  

Fecha de edición: 15-02-2025

EAN: 9788411763813

ISBN: 978-84-1176-381-3

Precio (sin IVA): 17,79 €

Precio (IVA incluído): 18,50 €

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Salnés.
En 1961 a editorial crea unha colección de poesía en lingua galega, a colección Salnés. Nela publicarán as poetas escolmadas pola profesora Patricia Arias Chachero, responsable tamén do limiar. Todas de procedencias e estilos moi variados, son, María do Carme Kruckenberg, que asina Canaval de ouro en 1962; Pura Vázquez, en 1963 con A saudade i outros poemas; e María Manuela Couto Viana e Anne Marie Morris, dúas poetas alófonas, autoras de Frauta lonxana (1964) e Voz fuxitiva (1965), respectivamente. A elas cómpre sumar Xohana Torres, que se inclúe nesta antoloxía porque é a primeira muller en publicar en Galaxia e porque tivo intención de publicar en Salnés, malia non facelo. Cómpre ler os poemas desta escolma tendo moi presente o contexto en que foron pensados, escritos e publicados. Apareceron nunha sociedade fortemente patriarcal onde o discurso católico tradicional definía e condicionaba o sentir e o actuar das mulleres. Só así poderemos valorar a modernidade e importancia do seu traballo. Foron as primeiras, as que romperon barreiras e superaron prexuízos, as que abriron as portas para todas as que vimos detrás. Fixérono cravando a vista nos poucos referentes femininos de que dispuñan, con sororidade, apoiándose unhas nas outras.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)