Editorial: Tórculo Edicións (Andavira)
Número de páginas: 158 págs. 23.5 x 15.5 cm
Fecha de edición: 23-10-2024
EAN: 9788412940206
ISBN: 978-84-129402-0-6
Precio (sin IVA): 17,31 €
Precio (IVA incluído): 18,00 €
Este libro pretende contribuír ao desenvolvemento duns estudos ibéricos críticos co apoio de metodoloxias innovadoras. De inicio, informa sobre a emerxencia dos estudos ibéricos como perspectiva investigadora e presenta un balance dos seus operativos e axendas. O obxectivo é activar unha reflexividade crítica atenta ás potencialidades dos estudos ibéricos sen desatender os seus condicionantes históricos, xeopolíticos, institucionais e simbólicos. O capítulo máis extenso céntrase no estudo das revistas culturais, sector onde adoita pensarse que xermina a produción }iteraria dunha época. A das revistas constitúe unha esfera de atención que nos últimos anos ampliou a súa proxección da man dos Media Studies e os Periodical Studies. Examínanse así as mediacións e transferencias político-culturais entre Galiza e Cataluña nas revistas do período de entreguerras, con atención preferente á dialéctica centro-periferia, ás redes literarias ou á intervención de gatekeepers e outros mediadores. Aténdense así mesmo dúas cuestións previas: que é unha revista literaria e como pode analizarse. Os dispositivos metodolóxicos aquí empregados para o estudo das revistas evidencian utilidade para calquera outro obxecto de investigación situado na modernidade ou na posmodernidade e considerado baixo o prisma dos estudos ibéricos.
