Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 527
Número de páginas: 176 págs. 23.0 x 15.0 cm
Fecha de edición: 06-11-2025
EAN: 9788411765268
ISBN: 978-84-1176-526-8
Precio (sin IVA): 17,79 €
Precio (IVA incluído): 18,50 €
Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela.
Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que renegaron do pai e casaron, mais non foron quen de rachar as cadeas que as unían a el. Coa voz de Lucrecia que renunciou ao seu pelo cor lume por un marido que a abandonou á hora da cea.
Mulleres todas elas, Helena, Coral, Lucía, María e Lucrecia, unidas para sempre pola fatalidade dunha illa, unha illa da que non podes saír sendo a mesma.
