• xxxIntelixencia e creación
Intelixencia e creación
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Intelixencia e creación

a obra plástica de Francisco Miguel

Bernárdez, Carlos L.

Editorial: Laiovento

Colección: Foradeserie ; 30

Número de páginas: 104 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 24-01-2026

EAN: 9788484877554

ISBN: 978-84-8487-755-4

Precio (sin IVA): 19,18 €

Precio (IVA incluído): 19,95 €

Francisco Miguel (A Coruña, 1897- Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX. Detido tras o golpe de xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas, aparecendo o seu corpo o 28 de setembro de 1936 en Bértoa (Carballo).
O seu traballo artístico foi realizado entre os anos finais da década dos 10 e o ano do seu asasinato. Nos primeiros anos vinte, ligado ao núcleo coruñés que dará orixe á revista Alfar, desenvolve unha linguaxe afín á modernidade que se espalla polas revistas ultraístas, interesado por captar o ritmo e o dinamismo, de influxo futurista, e polas tendencias formais planimétricas.
A partir da 1923, e da súa estadía en París, acentúanse os aspectos decorativos na súa obra e cunha tendencia cara a unha arte ligada á volta á orde, con debuxos de corte clasicista, frecuentemente coa súa esposa, a escritora Syra Alonso, como modelo.
Syra e Francisco Miguel vivirán en México entre 1926 e 1933, moi achegados aos intelectuais mexicanos que realizan a revista Contemporáneos. Na obra destes anos vai situarse nos presupostos dunha figuración cun ar maxicista, de empregramos a terminoloxía do famoso libro de Franz Roh Realismo mágico, post expresionismo (1925), elaborando unha pintura “limpa, clara e rigorosa” -en palabras de Luís Seoane-, con vontade de reter e fixar o expresivo.
Esta publicación quere ser unha contribución á recuperación dun pintor demasiado brillante e intelixente -como dixera o seu amigo, o escritor mexicano Rodolfo Usigli- para sobrevivir aos escuros tempos que impuxeron en Galiza as hordas de Atila.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)