Editorial: Libros del K.O.
Colección: Narrativa
Número de páginas: 608 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 20-10-2025
EAN: 9791387839208
ISBN: 979-13-87839-20-8
Precio (sin IVA): 24,90 €
Precio (IVA incluído): 25,90 €
Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistas e lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso e adobiado polo talento literario, Arturo Lezcano asina unha obra monumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un Mil e unha noites das Américas contada a través dunha galería de personaxes galegos engaiolantes: Alfonso Graña, o rei dos xíbaros; Pepe la Muerte, lugartenente de Lucky Luciano; o Manolito de carne e óso de Mafalda; Antonio Soto, o heroe anarquista da Patagonia, e outras duascentas historias de mulleres e homes anónimos —os obreiros que construíron a Canle de Panamá, os inventores da noite de Copacabana e tantos máis— que crearon unha nova vida (e un país invisible) da outra beira do océano.
