• xxxTempo de correspondencia
Tempo de correspondencia
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Tempo de correspondencia

Fraga, Xesús
Quintiá, Xerardo

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Xerais narrativa ; 558

Número de páginas: 144 págs.  23.0 x 15.5 cm  

Fecha de edición: 22-01-2026

EAN: 9788411107648

ISBN: 978-84-1110-764-8

Precio (sin IVA): 16,83 €

Precio (IVA incluído): 17,50 €

Xurdidas do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o outro, a outra. Se a maior capacidade da palabra é a de contar, os autores destes textos cóntanse un ao outro, e nese acto enfíase un posible sentido do existir, da amizade, da literatura como paixón e como forma de vida, da música e do cinema, das lecturas, da infancia no tempo pasado e dos proxectos do tempo futuro. Mais tamén se reflexiona sobre a inmensa escuridade do tempo presente, sobre a depresión como pozo, como Negra Sombra rosaliana. Talvez o noso maior acto de xenerosidade co resto das persoas sexa estarmos dispostos a comprender; mais para comprender é preciso comunicar. Estas cartas, xa que logo, representan por si mesmas esa posibilidade de darse, de entenderse, e esgazan o espírito dogmático do século: a barbarie.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)