Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 564
Número de páginas: 208 págs. 23.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 30-04-2026
EAN: 9788411108072
ISBN: 978-84-1110-807-2
Precio (sin IVA): 17,79 €
Precio (IVA incluído): 18,50 €
Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza... Estas son algunhas das inquietantes historias que conforman este libro. Os relatos de «Tiña eu razón» desvelan o que se agocha baixo a superficie do cotián, amosan como o día a día pode verse alterado por un detalle insignificante, exploran a inquedanza, a ansiedade que se vai instalando pouco a pouco, ou o que non se di pero todo o mundo sabe. Victoria Pinal sitúanos como lectores fronte ao improbable e o inexplicable, que poden aflorar en calquera momento para invadirnos, esvaecendo os límites da realidade e abrindo unha porta aos medos que nos espreitan cando quedamos a soas.
