Editorial: Chan da Pólvora
Colección: Chan da Pólvora ; 24
Número de páginas: 55 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 09-12-2025
EAN: 9791399117028
ISBN: 979-13-991170-2-8
Precio (sin IVA): 19,23 €
Precio (IVA incluído): 20,00 €
Un xesto de tenrura é un libro con brillo de seu na sobriedade da forma, fascinante polas atmosferas e conmovedor na profundidade. Un libro nacido, segundo o autor, dun imposible que só o poema pode concibir: a posibilidade de acariñar o teu corpo mentres está a medrar no tempo. Este poemario agroma dos pasos da emigración e articula, desde a distancia, un reencontro íntimo co idioma e coa contorna que quedou atrás, coa familia e co pasado. É unha viaxe de volta á procura do lugar da voz e tamén o testemuño de que, nese regresar, o poema bate cos primeiros balbuceos, co abraio ante o mundo e coa “tenrura máis fonda de nomealo todo por primeira vez”, asegura Hermo para describir o que é, sen dúbida, o libro onde confirma a poderosa personalidade da sua escrita na poesía galega das últimas décadas.
