Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Costa oeste
Número de páginas: 176 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 01-11-2025
EAN: 9788411765039
ISBN: 978-84-1176-503-9
Precio (sin IVA): 12,45 €
Precio (IVA incluído): 12,95 €
Que teñen en común o explorador Ernest Shackleton e a brillante científica Olalla Caínzos? Exacto! A fascinación pola Antártida! A iso debemos sumar o odio que Alma sente por eles. A súa nai era divertida e unha contadora de historias magnífica ata que a obsesión polo continente branco e polo quecemento global a papou enteiriña. Por iso, ela está en guerra aberta co mundo, un mundo que inclúe ao seu pai, a profe Patricia, a súa examiga Lía e o instituto enteiro. Mais Alma non tardará en aprender que na fría, inhóspita e hostil Antártida, numerosas especies sobreviven grazas a unha inmensa capacidade de adaptación ao medio. E ela é un deses fascinantes seres, só que aínda non o sabe.
Unha novela chea de xistras, liques extraordinarios, calcetíns desparellos, cibercarrachos, infernos de neve e trenzas viquingas que conforman unha historia de amor coma outra calquera.
