• xxxCrónicas transatlánticas
Crónicas transatlánticas
Ver muestra
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Crónicas transatlánticas

de cinza e sal

Alonso Fernández, Bieito

Editorial: Laiovento

Colección: Ensaio ; 470

Número de páginas: 264 págs.  21.0 x 14.0 cm  

Fecha de edición: 14-12-2025

EAN: 9788484877479

ISBN: 978-84-8487-747-9

Precio (sin IVA): 21,11 €

Precio (IVA incluído): 21,95 €

Estas son historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos dos seus coetáneos emigrantes, porque o seu mundo era moito máis fluído, máis volátil, máis líquido. Eran traballadores marítimos. E, máis do que nos puidera parecer, algúns deles tamén exerceron como sindicalistas, como verdadeiros líderes sociais desa clase de traballadores desposuídos e abandonados. E, por suposto, a súa memoria permaneceu oculta. Como a de tantos outros traballadores e traballadoras. Tan oculta como era existencia dos fogueiros, sempre entalados por baixo da cuberta, como homes-máquina que acompasaban o seu ritmo vital coa cadencia das caldeiras, dos motores e das ordes que viñan de enriba. Tan oculta como as vidas fuxidías, tal que sombras, dos homes que cargaban e descargaban os barcos, invisibles no seu traballo para aqueles que só vivían obsesionados pola garantía da carga.
As súas vidas apenas contan nas historias dos xornais, nas análises académicas ou na experiencia compartida dos traballadores cualificados. Ao cabo, non eran máis que seres de abaixo, emigrantes e marxinais

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)